Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Valdeorras, un inmoble dos preto de 300 que a Xunta adxudicará por poxa, en compra venda ou alugueiro

Por   /  27/02/2016 

    Imprimir       Email
  • A Xunta adxudicará por poxa, en compra venda ou alugueiro, preto de 300 locais comerciais, prazas de garaxe e rochos da súa propiedade
  • O Diario Oficial de Galicia publicou onte o anuncio da poxa, á que se poderán presentar ofertas nos próximos trinta días, a contar dende hoxe
  • Ofrécense 161 locais comerciais, 132 prazas de garaxe e 1 rocho
  • En Valdeorras un local comercial no Barco 

 

xunta-de-galicia-300x135A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, venderá en subhasta ou alugará un total de 161 locais comerciais da súa propiedade, así como 132 prazas de garaxe e un rocho, segundo establece a Resolución que publicou onte Diario Oficial de Galicia e pola que se anuncia a adxudicación en poxa pública dos mesmos. Os interesados disporán de 30 días naturais, contados a partir de hoxe, para a presentación das súas ofertas. O prego de condicións pode consultarse no seguinte enlace: http://igvs.xunta.es/web/igvs/329.

Poderán tomar parte nas poxas públicas todas as persoas físicas ou xurídicas, nacionais ou estranxeiras, que, tendo plena capacidade de obrar, non incorran en ningunha das prohibicións de contratar, que deberán presentar unha fianza do tres por cento do importe do ben polo que poxan.

Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa terase en conta o prezo máis alto dos ofertados. En caso de existiren ofertas para compra e para aluguer dun mesmo local, terán preferencia para a adxudicación as ofertas presentadas para a compra. No caso de rochos unicamente se admitirán ofertas para compra.

Por provincias, na da Coruña saen á poxa un total de 95 locais comerciais emprazados en dez concellos, así como un rocho. En Lugo 31 locais en 11 concellos e 27 prazas de garaxe en tres concellos. Na provincia de Ourense son cinco locais en catro concellos e 33 prazas de garaxe en dous concellos. Finalmente, en Pontevedra ofrécense 30 locais en cinco concellos e e 72 praza de garaxe en Vigo.

LOCALIDADE
Nº DE LOCAIS
Nº PRAZAS DE GARAXE
A Coruña
4
As Pontes
6
Betanzos
2
Ferrol
59
Melide
1
Ortigueira
1
Pontedeume
1
Rianxo
6
Sada
7
Santiago de Compostela
8
Celeiro (Viveiro)
1
Chantada
2
Foz
1
Gutiriz
1
Lugo
11
8
Meira
6
6
A Pastoriza
2
Ribadeo
1
Sarria
1
Vilalba
3
13
Viveiro
2
Maceda
1
O Barco de Valdeorras
1
Ourense
2
28
Ribadavia
1
Allariz
5
Vigo
1
72
Cangas do Morrazo
3
Lalín
1
Pontevedra
5
Vigo
20

Ademais ponse á venda un rocho na avenida Rosalía de Castro, no Milladoiro (Ames)

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →