Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  Artículo Actual

“Valdeorras, un saber facer único” é o slogan que renova a imaxe da Denominación de Orixe para a promoción do seus viños

Por   /  18/11/2016 

    Imprimir       Email
  • Activarase o luns nas sete cidades de Galicia e será a imaxe de referencia da Denominación de Orixen en cartelería e páxina web
Francisco García, prsidente del Consello Regulador

Francisco García, presidente do Consello Regulador

 

O presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, Francisco García, presentou a nova imaxe gráfica dunha campaña promocional dos viños de Valdeorras que se activará, durante un mes, nas principais cidades galegas (en carteis e autobuses urbáns): A Coruña, Santiago, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense. Ademáis, durante esta fin de semana proxectarase en Santiago un vídeo en pantallas publicitarias sobre os viños de Valdeorras.

Jorge Illa e Francisco García, durante a rolda de prensa

Jorge Illa e Francisco García, durante a rolda de prensa

 

A campaña, denominada leva como slogan “Valdeorras. Un saber facer único”, foi realizada por Atelier, Gráfica Visual  e fai fincapé “no saber facer dos profesionais do viño de Valdeorras. Unha forma de elaborar que se traduce no excelente produto que supoñen os nosos brancos e tintos”, afirmou García.

Acto de presentación

Acto de presentación

 

A nova gráfica será a imaxe de referencia da Denominación de Orixe Valdeorras en cartelería, papelería e páxina web, segundo dixo Francisco García, quen resaltou que “nesta Denominación non renunciamos a unha forma de facer que recolle o legado dos nosos antepasados, un saber facer único que supón que os nosos viños se sitúen como os terceiros mellor valorados de España, por detrás dos de Priorat e Jerez na Guía Peñín; e que os viños xóvenes de Valdeorras encabecen o ránking dos mellores de España para os expertos desta mesma publicación especializada.

Carlos Aristegui, Evaristo García, Enrique Álvarez Barreiro y Domingo Fidalgo

Carlos Aristegui, Evaristo García, Enrique Álvarez Barreiro e Domingo Fidalgo

 

Pola súa banda, Jorge Isla, en nome de Atelier, dixo que a gráfica da campaña escapou do convencional, de fotografías de paisaxes, e “fixemos algo diferente, é unha ilustración a partir de elementos ligados ao eido do viño, pero cun tinte fantástico. Pretende causar un efecto sorpresa a través da asociación visual de dúas imaxes que asocian libremente conceptos ligados e á vez contrapostos. Trátase de ilustracións con obxectos únicos e imaxinarios, a modo de greguería gráfica”.

Engadiu que o obxecto resultante é un abridor (sacacorchos) moi antigo que vaise transformando en follas de vide na súa parte inferior para convertirse nun obxecto único como único é o noso saber facer”, detallou Isla.

Jorge Isla explicou que a gráfica se apoia sobre papel para mostrar un aspecto antigo, casi rancio, impregnado polo paso do tempo imprimindo así un carácter tradicional e símbolo dunha actividade milenaria como é o viño e, neste caso, cunha clara marca romana.

Ademais, deu a coñecer que a imaxe pode ir mudando nos próximos meses tal e como posibilitan as greguerías como se fose un xogo de imaxes. “Poderíamos ir variando o sacacorchos, a vide u outros elementos mantendo sempre o estilo, fodo e o slogan. Incluso se pode crear unha imaxe distinta para cada evento”.

Jorge Illa explica ao alcalde de Vilamartín detalles da campaña con axuda dun portátil

Jorge Illa explica ao alcalde de Vilamartín detalles da campaña con axuda dun portátil

 

A estrea da campaña promocional contou ca presencia de vocais do Consello Regulador como Carlos Aristegui Diéguez, Evaristo García Canelas (Unións Agrarias) e Domingo Fidalgo (Xóvenes Agricultores), entre outros, e o alcalde de Vilamartín (municipio no que está emprazado o Consello), Enrique Álvarez Barreiro.

A nova imaxe

A nova imaxe

 

Ademáis, dous operarios escomenzaron a colocar a nova campaña gráfica no panel situado frente o edificio do Consello Regulador.

Operarios colocando a nova campaña gráfica no panel situado frente o edificio do Consello Regulador

Operarios colocando a nova campaña gráfica no panel situado frente o edificio do Consello Regulador

 

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

sicixia

Estreo e proxección de ‘Sicixia’ do valdorrés Ignacio Vilar no Avenida

Leer mas →