Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  O Barco  >  Artículo Actual

Votar dende o estranxeiro: unha misión case imposible

Por   /  19/05/2015 

    Imprimir       Email

Budapest Riada 2

A formación , mostra su malestar e enquedanza por un feito que consideran increible como é o feito de que votar dende o estranxeiro sexa unha misión case imposible.

Nos últimos días publicáronse numerosos artigos e noticias achega das enormes dificultades con que se topan os traballadores e estudantes exiliados no estranxeiro para exercer o seu dereito ao voto. Parece que as embaixadas e consulados españois puxéronse de acordo para poñer trabas a todos estes “exiliados”, na súa maioría forzados á xa famosa “movilidad exterior” (penoso eufemismo utilizado pola ministra de Emprego, Fátima Báñez).

Dende Riada Cidadá consideran que ‘sen dúbida, a opinión desta masiva masa de emigrantes non conta para os partidos políticos que actualmente ocupan as institucións, xa que o afastado voto deste alto número de indignados favorecería ás formacións políticas emerxentes. Un destes traballadores no exilio, candidato número 17 de Riada Cidadá (O Barco de Valdeorras), enviounos con certa amargura unha carta desde Hungría na que nos narra as súas sensacións e a súa impotencia ao non poder exercer o seu dereito ao voto’.

(Adxuntamos carta de AITOR INSUNZA, dende BUDAPEST):

Budapest Riada 1

 

“As institucións negáronme o dereito de sufraxio”

En Budapest tamén hai Riada, e non me refiro ás crecidas primaverais do fermoso Danubio. Hai Riada expatriada, Riada exiliada, mozas e mozos que tiveron que facer as maletas e buscar traballo na capital húngara. Eu son un deles. É certo que son aventureiro, viaxar fascíname, Hungría é o segundo país do estranxeiro no que vivo e traballo, pero non podo enganarme a min mesmo: se algún día quero voltar ó meu país, non vou a poder facelo. Aquí atópome ben nestos intres, pero pensar na volta é un auténtico crebacabezas sen solución.

Por iso digo ben alto que xa basta, que xa é suficiente. Temos que atacar os problemas de raíz e mudar por completo o lamentable espectáculo de atentados á cidadanía que estamos a vivir. Férveme o sangue cando leo que ofrecen traballos por 500 euros na Coruña, ou que desahucian a unha familia en Vigo. Férveme o sangue cando penso nas horas que tirei na biblioteca da facultade para agora traballar en algo non relacionado cos meus estudos. Férveme o sangue cando escoito as cada vez máis habituais bochornosas declaracións dalgún representante público.

E non podo quedarme calado, por iso decidín apoiar a candidatura netamente popular de Riada Cidadá, forxada de asamblea en asamblea. O cambio de raíz comeza nas aldeas, vilas e cidades, e o que pedimos é o que debería de ser pero non é: un concello da xente e para a xente. Un concello no que os veciños saiban onde van a parar os seus cartos, no que desaparezan as redes clientelares, no que o gasto social sexa prioridade e o cemento se bote onde os veciños decidan.
Lamentablemente, o meu apoio vaise quedar curto posto que non puden votar. O proceso de votación desde o estranxeiro é moi longo (rexistrarse primeiro, facer papeleos despois, pedir o voto por correo…) e os horarios da embaixada reducidos. Compatibilizar citas na embaixada co traballo resultoume imposible, polo que realmente as institucións negáronme o dereito de sufraxio. Por iso, desde aquí pídovos que votedes no meu lugar e que vos sumedes a esta imparable Riada.
Digamos ben alto que O Barco pode. Hai Riada!

Aitor Insunza Núñez é licenciado en Historia e ocupa o número 17 na candidatura de Riada Cidadá

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →