Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  O Barco  >  Artículo Actual

XIX edición da Feira do Viño de Valdeorras: Entregados os premios da cata profesional e da cata ‘popular’

Por   /  18/07/2016 

    Imprimir       Email
  • Entrega de premios aos mellores viños da cata profesional e da cata con xurado popular
  • Ambas as dúas iniciativas desenvolvéronse ao abeiro da XIX edición da Feira do Viño de Valdeorras

 

Publicidad. Bodea Eladio Santalla que estará presente en la Feira

Publicidad. Bodea Eladio Santalla 

Na tarde de onte entregáronse, na praza barquense de Viloira, os premios aos mellores viños da cata profesional e da cata con xurado popular, dúas iniciativas postas en marcha ao abeiro da XIX Feira do Viño de Valdeorras, celebrada esta fin de semana. Os premios da XVII Cata Oficial de Valdeorras, que por vez primeira se abriu a todas as bodegas da comarca e non só ás participantes na Feira, foron os seguintes:

Brancos

  • 1º Premio- Viña Abad, de Bodega Cooperativa Jesús Nazareno
  • 2º Premio- D´Berna, de Guitián y Blanco S.C.
  • 3º Premio- Viñaredo, de Bodega Santa Marta S.A.T.

Tintos

  • 1º Premio- Alán de Val, de Adega Alán S.A.T.
  • 2º Premio- Sampayolo Garnacha Vella da Chaira do Ramiriño, de Bodega Sampayolo S.L.
  • 3º Premio- Quinta da Peza, de Adega Quinta da Peza S.L.

 

A mención especial “viños doutras añadas” foi para Viñaredo Barrica 2012 (de Bodegas Santa Marta)

Premios da cata con xurado popular

Doutra banda, os premios da cata con xurado popular, iniciativa que se desenvolvía por vez primeira no marco da Feira do Viño e na que participaron máis dunha decea de persoas, foron para as bodegas Guitián y Blanco S.C. (con D´Berna), que obtivo o primeiro premio; Bodega Cooperativa Jesús Nazareno (coa marca Viña Abad), segunda clasificada, e Bodega Manuel Corzo Rodríguez (con Viña Corzo), que obtivo o terceiro posto. Todas elas na categoría de brancos.

Xunto a isto, en tintos, as bodegas premiadas foron, en primeiro lugar, Roandi S.L (Bancales Barrica 2013); en segundo lugar, Guitián y Blanco S.C (D´Berna-Mencía) e o terceiro posto foi para Bodega Cooperativa Jesús Nazareno (Menciño).

Alán de Val

Alán de Val

 

Guitián

Guitián

 

Roandi

Roandi

 

Viña Abad

Viña Abad

Revivimos a xornada en imaxes:

IMG_7861

IMG_7869

IMG_7885

IMG_7906

IMG_7907

IMG_7912

IMG_7920

IMG_7927

IMG_7935

IMG_7950

IMG_7964

IMG_7968

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →