Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  O Barco  >  Artículo Actual

Xornada sobre emprendemento e creatividade tecnolóxica no Barco de Valdeorras

Por   /  18/11/2016 

    Imprimir       Email
  • A Xunta subliña no Barco o papel da innovación e as novas tecnoloxías no impulso á competitividade do comercio galego
  • A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, participou no Taller de emprendemento e creatividade tecnolóxica organizado pola Federación Galega de Comercio coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria
  • Sinala a aposta do Goberno galego por promover un novo modelo de comercio intelixente que sitúe ao cliente no centro da súa estratexia
  • Preto de 150 comerciantes e artesáns da provincia benefícianse este ano das axudas por preto de medio millón de euros concedidas pola Consellería para impulsar o smart commerce e o comercio en liña
Sol Vázquez onte no Barco

Sol Vázquez onte no Barco

 

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, salientou onte no Barco de Valdeorras a importancia da innovación e as novas tecnoloxías para impulsar a competitividade do comercio de proximidade. Neste sentido, Vázquez Abeal, que participou no Taller de emprendemento e creatividade tecnolóxica organizado pola Federación Galega de Comercio coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sinalou a aposta da Xunta polo establecemento do smart commerce, un novo modelo de comercio intelixente que sitúa o cliente no centro da súa estratexia.

Neste ámbito, tal e como apuntou a directora xeral, céntrase o segundo dos retos do Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia. Así, apóstase por incrementar a innovación no sector como un dos factores clave para mellorar a súa posición competitiva, impulsando as vendas en internet e novas fórmulas de comercialización dos produtos, así como de mellora do seu deseño e presentación.

Comerciantes e artesáns benefícianse este ano das axudas concedidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria dentro do programa para impulsar o smart commerce e o comercio en liña.

O obxectivo dos talleres de emprendemento e creatividade tecnolóxica, que se desenvolven nas catro provincias galegas, é fomentar o coñecemento do novo perfil do consumidor, así como as canles de pago e procesos dixitais e distintas experiencias que amosen fórmulas comerciais exitosas.

Trátase de transmitir información e exemplos de aptitudes e copetencias que permitan ao comercio galego responder efectivamente aos desafíos, problemas, oportunidades e cambios que afronta, e achegar medios para que o sector logre a diferenciación e competitividade necesaria a través do emprego de novas canles de promocion e venda, pago, distribución, fidelización e coñecemento do consumidor.

Así, na xornada interviñeron, ademais da directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, Ismael Tato, do establecemento local Agroviloira, unha inspectora de Consumo e técnicos de medios de pago e desenvolvemento de negocio.

A presentación do taller correu a cargo do presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e Beatriz Gómez, presidenta da Federación de Comercio de Ourense, que estiveron acompañados por responsables da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e do CCA O Barco.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

sicixia

Estreo e proxección de ‘Sicixia’ do valdorrés Ignacio Vilar no Avenida

Leer mas →